31 dic. 2010

Feliz 2011



Que este fermoso número primo nos traía un ano cheo de alegrías.

No blog doutra profe de Mate (Maribel) atopei estas curiosas propiedades do número 2011:

2011 é un nº primo, que acaba en 11 que tamén é un nº primo e que ademáis pódese escribir como suma de 11 números primos consecutivos da seguinte forma:

157+163+167+173+179+181+191+193+197+199+211= 2011

22 dic. 2010

85 000 números e só un gordo!!!

Ilusión versus matemáticas:
A probabilidade  de que un décimo sexa o gordo é 1/85000, así que pidamos que o azar nos sexa favorable, :)
Olga Julià, profesora de estatística da Universidade de Barcelona, explica no programa TRES14 de RTVE en que sorteo temos máis opción de ganar, podedes escoitala aqui.

16 dic. 2010

Por un bo uso do correo


Xa que imos usar as TIC, fagamos un bo uso delas. Poño unha serie de consellos para os correos electrónicos. A policía tamén dá uns consellos moi utiles para país, naís e alumnado sobre o uso de internet, podedes lelos aqui.

Na clase de inglés


Pouco a pouco iremos incorporándonos ao uso do ordenador na aula, un paso importante no ensino que supoño vai modificar o noso entorno didáctico. Aínda estamos no momento da emoción, dos axustes para a utilización, da formación do profesorado, da elaboración de normas de uso,... 
Esta foto collinna prestada do blog de 1ºESO B, foi sacada esta semana na clase de Marga.

14 dic. 2010

Paralelas

No end in sight (1939). Dorothea Lange

Dorothea Lange é unha das miñas fotógrafas preferidas, ela retratou coma ninguén a pobreza, a emigración e os longos camiños a ningures, xerados pola grande crise dos anos vinte e trinta en Estados Unidos.

13 dic. 2010

Premio á innovación educativa


A profesora do noso centro, Carmen Cid Manzano, obtivo o premio á Innovación Educativa polo traballo Ciencia en feminino. Este vídeo sobre a matemática Hipatia de Alejandría forma parte dese traballo. Noraboa.
Máis información

3 dic. 2010

Os conxuntos de Sidón

Cal é o maior tamaño dun conxunto de números, todos menores que unha cantidade dada, no que todas as sumas de dous elementos do conxunto dan resultados distintos? 
1, 2, 5, 10, 16, 23, 33,35 é un conxunto de Sidón.
1, 3, 7, 10, 17, 23, 28, 35 non é, xa que 1+23 = 7 + 17

O problema foi planteado polo matemático húngaro, Simón Sidon, ao entonces estudiante Paul Erdös que o resolveu  na metade do século XX.
 Quedou unha versión pendente de resolver, que se chamou o Problema dos Conxuntos xeneralizados de Sidon  Cal é o  tamaño máximo dun conxunto deste tipo se se permite que cada suma se repita, como moito, dúas veces? e tres veces? E n veces...?
 Dous matemáticos españois e un húngaro Javier Cilleruelo, Carlos Vinuesa e Imre Ruzsa resolveron este último  problema, planteado en 1932.
Para a resolución contaron con instrumentos ben fortes: a combinatoria, a álxebra, a probabilidade.
Os conxuntos de Sidón úsanse nos radares.
Mandoume a noticia por e-mail Carmen, Grazas.

1 dic. 2010

1.000.000 ou 1 000 000?

 A dúbida hai que resolvela coa lei, neste caso a lei de medidas, a última promulgada en España é un Real Decreto de Decembro de 2009, nela dín cousas ben interesantes, fago un resumo:

Os símbolos das unidades son entidades matemáticas e non abreviaturas. Polo tanto, non van seguidos dun punto. Non se escribe km., escríbese km, sen punto.

Non se permite empregar abreviaturas para os símbolos e nomes das unidades, como seg (por s ou segundo), mm cad. (por mm2 ou milímetro cadrado), cc (por cm3 ou centímetro cúbico).
O valor dunha magnitude exprésase como o produto dun número por unha unidade.
O valor numérico precede sempre a unidade e sempre se deixa un espazo entre o número e a unidade, por exemplo 20 m. As únicas excepcións a esta regra son os símbolos de unidade do grao, o minuto e o segundo de ángulo plano, °, ′ e ″, respectivamente, para os cales non se deixa espazo entre o valor numérico e o símbolo de unidade, por exemplo 20º.

O símbolo utilizado para separar a parte enteira da súa parte decimal denomínase «separador decimal». O símbolo do separador decimal é a coma, na propia liña de escritura. Se o número está comprendido entre +1 e −1, o separador decimal vai sempre precedido dun cero. Por exemplo 3,34.

Os números con moitas cifras pódense repartir en grupos de tres cifras separadas por un espazo, co fin de facilitar a lectura. Estes grupos non se separan nunca por puntos nin por comas. Por exemplo 1 000 000
Os símbolos dos prefixos escríbense en caracteres romanos (rectos), como os símbolos das unidades, independentemente do tipo de letra do texto adxacente, e únense aos símbolos das unidades sen deixar espazo entre o símbolo do prefixo e o da unidade. Con excepción de da (deca), h (hecto) e k (quilo), todos os símbolos de prefixos de múltiplos se escriben con maiúsculas e todos os símbolos de prefixos de submúltiplos se escriben con minúsculas.
Os nomes dos prefixos son inseparables dos nomes das unidades ás cales se unen. Así, por exemplo, milímetro, micropascal e meganewton escríbense nunha soa palabra. Os símbolos de prefixos compostos, é dicir, os símbolos de prefixos formados por xuxtaposición de dous ou máis símbolos de prefixos, non están permitidos.
 Agora, xa sabedes, a cumprir a lei, :).

23 nov. 2010

75

75 mortas en España, no que vai de ano 2010, víctimas da violencia machista.


Como di neste cartel aceptar o primeiro maltrato é o inicio dunha larga lista de humillacións.


Nas nosas mans está non permitir a primeira, nas nosas mans está crear relacións afectivas, amorosas e/ou sexuais baseadas no afecto, no respeto, na liberdade e na igualdade.


Se, polo que sexa, tropezamos cunha persoa que non entende así as relacións e recorre a violencia, demostrando con elo a súa incapacidade, entón hai que deixalo e denuncialo, non hai outra.

Déixovos un enlace a unha preciosa e triste canción de Los Suaves:

Pobre Sara

19 nov. 2010

El peine de los vientos. Chillida

"Yo soy de los que piensan, y para mí es muy importante, que los hombres somos de algún sitio. Lo ideal es que seamos de un lugar, que tengamos las raíces en un lugar, pero que nuestros brazos lleguen a todo el mundo, que nos valgan las ideas de cualquier cultura. Todos los lugares son perfectos para el que está adecuado a ellos y yo aquí en mi País Vasco me siento en mi sitio, como un árbol que está adecuado a su territorio, en su terreno pero con los brazos abiertos a todo el mundo. Yo estoy tratando de hacer la obra de un hombre, la mía porque yo soy yo, y como soy de aquí, esa obra tendrá unos tintes particulares, una luz negra, que es la nuestra." Eduardo Chillida .
Poño esta escultura de Chillida que está na praia da Concha en Donosti, a fotografía é de Mariameseguer, Chillida é un escultor dos máis importantes do século pasado en España, un escultor moi matemático, ademais dunha mente lúcida en declaracións como as que inician este post. Por mil motivos, esta é unha das esculturas que me acompaña na vida.

17 nov. 2010

Historia do cálculo

Estes vídeos están realizados por Trinidad Perez, profesora de Matemáticas que estivo neste centro hai uns anos, excelente profesora e gran compañeira. Os vídeos e a exposición que levan asociada, obtiveron o Premio á Innovación Educativa 2008.





14 nov. 2010

Unidades de medida andaluzas

Maria Wonenburger, doctora honoris causa pola Universidade de Coruña

Hoxe un artigo no País sobre esta grande alxebrista.
O curso pasado Gloria, dirixida por Carmen Cid Manzano, fixo un traballo sobre esta matemática galega na clase de Ciencias do Mundo Contemporáneo. Grazas ás dúas por facer visibles as mulleres científicas.


Un galego na lúa

Nos nomes dos matemáticos e das matemáticas faltaba algún galego, e habelos hainos.
Ramón María Aller, astrónomo de Lalín, a quen recentemente foi dedicado o Día da Ciencia en Galego. Aller tivo un cráter na lúa ata 1990, nese ano a IAU  asignoullo a Atwood, daquela o cráter coñécese polos dous nomes Aller-Atwood. Neste documental da TVG nos falan deste matemático tan cercano.

7 nov. 2010

Literatura matemática

A Real Sociedade Matemática Española convoca a sexta edición dos Concursos Literarios de Narracións Escolares e Relatos Curtos.

Os traballos poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do Estado Español e a data límite para a entrega de traballos será o 31 de Decembro. 

            
Bases concurso relato curto


Bases concurso Narracións

3 nov. 2010

Os nomes das Matemáticas




Sempre hai quen esquece que houbo mulleres na ciencia, afortunadamente outros nolo lembran con vídeos como este, realizado por Mª Jose Martin do IES Villarrubia de Córdoba.

Podedes ampliar a información nestes dous vídeos, 1 e 2, da serie Universo Matemático

Os nomes dos Matemáticos



O alumnado de 1º de Bacharelato do  IES CArdenal Cisneros de Alcalá de Henares, coordinado polo profesor Rafael Ángel Martínez Casado, finalista do Certamen Internacional Educared 2010, con esta páxina web onde podedes consultar a biografía dos matemáticos famosos.

Aqui atoparedes a Cramer, Rouche, Frobenius, Sarrus, Gauss, eses que nos acompañan estes días na álxebra de matrices e nos sistemas de ecuacións lineais.

Matraks in d Ourense

video

Fixemos este vídeo hai anos en Obradoiro de matemáticas, pasámolo moi ben facendo as fotos pola cidade e buscando as matemáticas nos nosos monumentos, no noso entorno.

22 oct. 2010

21 oct. 2010

Sempre en galego

Un chiste de Santi Gutierrez mostra moi ben como ás veces caemos no ridículo total cando queremos xustificar o inxustificable.
Non coñezo ningún prexudicado por ter recibido as clases en galego e si sei da necesidade de manter vivo o noso idioma, a escola ten a obriga legal e moral de protexer, difundir e usar o galego na maior medida que se poida.
O castelán o aprendemos porque estamos inmersos nel, non coñezo ningún galego que non teña competencia lingüística en castelán. O galego, neste momento, está sendo atacado polo goberno galego con mentiras e demagoxias, a escola debe estar por riba destas mentiras que só esconden intereses políticos dos partidos maioritarios de España.

Camiños

The Road West: Dorothea Lange

Inicio esta andaina sen saber moi ben hacia onde camiñar, por un lado penso que sería útil un blog escolar, onde poñer complementos ao traballo diario da aula, sen grandes pretensións, nin científicas nin educativas; por outro lado, gustaríame usar este blog para poñer vídeos, fotos, artigos de prensa, chistes, etc. esas Matemáticas que na aula nunca temos tempo de mostrar porque o “programa” nos aprisiona. Mentres non defina mellor o camiño tamén lle darei cabida a algún tema persoal. Espero que algún/a de vos atope algo do seu interese.
O nome,
dous ferrados, é en referencia a unha desas unidades de medidas condenadas á extinción, como moito vocabulario galego.
O meu avatar é unha pintura de
Maruja Mallo.

20 oct. 2010

Fractais

A semana pasada morreu en Massachusetts aos 85 anos Benoit Mandelbrot, pai da xeometría fractal. No 2005 a BBC fíxolle esta interesante entrevista.
Tamén o entrevistou, para o programa redes, Eduard Punset, nesta conta Mandelbrot como empezou as súas investigacións, copio do Blog de Punset:

Tardé mucho tiempo en darme cuenta de lo que estaba haciendo. .....Yo empecé combinando dos ideas muy peligrosas: en primer lugar, de joven, me fascinaba totalmente la geometría, la forma de las cosas, en una época en la que las matemáticas se estaban volviendo muy abstractas y algebraicas. En segundo lugar, yo tenía una pasión, una obsesión con Kepler. ¿Y por qué Kepler? Kepler no fue un científico tan capital como Newton, pero Kepler fue el primero que logró algo extraordinario: partir de un juguete y obtener una herramienta. El juguete era la elipse, ....... Pero ese juguete se convirtió en una herramienta para crear la ciencia de la astronomía, para explicar el movimiento de los planetas, y describirlo todo en términos matemáticos. Eso me fascinó desde el principio. Y fui ciertamente temerario, empecé sin una idea clara de hasta dónde quería llegar. En un primer momento, no hice nada sensacional sino que empecé con pequeñas cosas que me interesaban y, casi por arrastre, me vi abocado al estudio de la rugosidad. En realidad, la descripción completa de este objetivo no llegó hasta más tarde, cuando era bastante mayor. ¡Tenía más de setenta años!