6 abr 2011

Alan Turing ou cando o mundo é homófobo


Neste vídeo podedes ver unha preciosa divagación matemática nun anaco dunha serie británica sobre a vida de Alan Turing (1912-1954), grande matemático que traballou no campo da lóxica e no nacemento da informática e da intelixencia artificial. Na segunda guerra mundial traballou descifrando mensaxes militares dos nazis, en particular os códigos da máquina Enigma. Para obter máquinas descifradoras construíu a primeira computadora electrónica, chamada Colossus en 1943. Polo seu traballo no Colossus, Turing recibiu a Orde do Imperio Británico en 1946. En 1951 é nomeado membro da Sociedade Real de Londres polas súas contribucións científicas.
Turing foi procesado e condenado por ser homosexual e condenárono a un tratamento hormonal como alternativa á cárcere. Morreu con 42 anos, debido a un aparente suicidio comendo unha mazá con cianuro.
En Setembro de 2009, despois dunha campaña de internet, o primeiro ministro británico Gordon Brown fixo unha petición oficial de desculpas públicas.
Máis vale tarde que nunca, pero hai cousas para as que non chegan as desculpas, hai cousas que só se poden perdoar se nunca máis volven ocorrer.
Se queredes escoitar a petición de desculpas e saber mais sobre a súa vida déixovos este audio de Javier Peláez na Aldea irreductible


2 comentarios:

JJ dijo...

Moi interesante o post, Conchi. A figura de Alan Turing é enorme dentro das Matemáticas e da Cultura en xeral.
E teño que dicir que acertaron ao escoller a Derek Jacobi como Turing.

conchi dijo...

Grazas JJ, moi interesante e dramática a vida de Turing e os actores ingleses insuperables case sempre, teñen moi boa escola :)