16 oct 2012

Sen paro

gráfica da revista económica  Capital

 A metade dos licenciados en matemáticas atopan traballo en 6 meses. Nestes tempos paga a pena sabelo.
Neste artigo da revista económica Capital cóntannos en que traballan moitos matemáticos.

“Estos profesionales tienen una serie de cualidades que las empresas valoramos mucho: son dinámicos, tienen una manera de pensar y razonar muy analítica y deductiva, aprenden muy rápido y están muy enfocados en la resolución de problemas”
Eu engadiría unha cualidade que teñen practicamente todos os matemáticos que coñezo: a gran capacidade de traballo e de concentración. Supoño que a dureza da carreira deunos estas capacidades.

Os que estudiamos a licenciatura de matemáticas e non eramos superdotados (eu só lembro a 1 ou 2 en toda a carreira que podían considerarse tal), tivemos que ser capaces de estudiar  medias de 10 horas diarias durante meses e meses e curso tras curso, para poder entender e reproducir razoamentos, teorías, impecables loxicamente, perfectas e, case sempre, moi artificiais, teoremas de  folios e folios, onde para demostrar tal cousa definíanse mil conceptos auxiliares, mil funcións auxiliares, que tiñamos que reter na memoria e tras un inmenso traballo, modelando estes obxectos por camiños  longos e tediosos, sempre complicados, por fin chegabas ao c.q.d., daquela xa tiveras que invertir horas e horas de traballo e este traballo só era posible facelo coa máxima concentración.. Por suposto que nesta sucesión de folios poucas veces había números, matemáticas non é unha carreira de números máis ben é unha carreira de letras, :)

Non coñecín o paro, rematei a carreira en febreiro e en setembro dese ano estaba traballando nun instituto de Ourense. Pagou a pena tanto esforzo, xa daquela era un luxo rematar unha carreira e traballar, hoxe moito máis.

No hay comentarios: